domingo, 24 de novembro de 2013

Historias



Se tivese modo, se soubese, escribiría todo o que me contan e que perdo ao pouco de escoitar. Tódolos días xorden historias interesantes e únicas, que valerían para escribir por se alguén desexase reflexionar sobre elas; de sentilas próximas, claro.

Mesmo escribiría sobre esas opinións que nos permiten ir construíndo un mundo á nosa maneira, sen que posúa moitos pés de realidade, como soe demostrarnos o inexorable tempo cando acaba por levantar a poalla que crea lentamente a vida, namentres nós andamos ocupados noutras  limpezas máis inútiles.

Que reclamamos dos demais? Que pedimos polos desaires que recibimos? Mesmo deses dos que prometemos vinganza inda sabendo que, de darse o momento axeitado, faremos xusto o contrario que fixeron con nós. 

E cal é a nosa xustificación? Haina, por suposto: Non imos rematar sendo coma todos, non?



















Non teñas nunca medo
contaba que dicía
Como nos quixemos
El e eu!
toda unha vida
Canto me gustaba como era!
O modo convencido
En que daba o amor que rebordaba
Do seu peito
e sempre, sempre
Nin lonxe había medos
nunca o tivo
El comigo
Mesmo polo xeito de mirarnos
Sobrando ata as palabras




Non teñas nunca medo
E quen ten medo?
nin hoxe,
que é recordo.






















.

3 comentários:

  1. Xa tardabas !. Canto estrañamos a túa ausencia !.
    Benvido e parabéns...sei do que falas - hoxe - e conmóveme tanto a poesía !
    ( a reentré do dia 15, xenial !!

    ResponderEliminar
  2. Realmente cuanto te hemos echado de menos...Y ahora, cuanta alegría porque has vuelto. Espero que sea para quedarte.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  3. Grazas! Sodes xenerosos. Como non vai volver un se, ademais do pracer de darlles voltas ao mundo, as letras acaban por resultar unha aceptable escusa para crer que son merecidas as vosas loanzas.

    ResponderEliminar