domingo, 9 de março de 2014

Agasallos



A cada unha o seu (a súa)


Onte celebrouse o día da muller. En todo o país e co eco do aborto de Gallardón polo medio. Protesta, manifestacións, marchas, concertos. Actividades de todo tipo para reivindicar o dereito das mulleres a seren elas e a decidiren sobre si mesmas.

A discriminación, presente desde os tempos nos que o home foi capaz de descubrir que se pode explotar aos semellantes, está con nós en todas partes, por máis que se reivindiquen feminismos ou se apoien linguaxes non sexistas. Xa nin sabemos cal é a diferencia entre xénero e sexo, nin que é maltrato e que violencia. As vítimas son as mesmas. Dá igual, sen sabelo ou sen querelo siquera,  ensinamos patróns vellos, tan innecesarios como arraigados no noso subconsciente. Non sabemos como, pero o esquema repítese.

Xa non nos colle de sorpresa, cada vez que conmemoramos algo para amañalo dedicándolle un día, facémoslle un mal favor. O exemplo observámolo mesmo no regalo cos que os de UGT e do Banco de Santander en Madrid, agasallaron ás empregadas do banco: unha baeta co seu pau; iso si, con forma de caramelo, para ter algo que levarse á boca, claro. 


Menos mal que noutros lugares, para a farra da festa do día da muller, os premios estaban mellor pensados. Un mandil e unha lima de unllas sempre veñen ben. Ou non?









Agárdase a impaciencia habitual
o atraso vén con ansia
e vén crecente
en cada paso
con silencio que non quere rematar.


E sei que si
que é certo
a historia
de contala toda enteira
remata sempre igual.

E non hai sorte.












.

Sem comentários:

Enviar um comentário