domingo, 2 de fevereiro de 2014

Copla









Onte fomos ao Jofre escoitar a Pasión Vega.

Porfiei un par de veces para non ir só, e conseguino. A min, que cousas, gústame a copla. Desde hai moito. Posiblemente desde pequeno, quizais por ser a música que máis se oía pola radio da casa. Ou a única. Despois veu ese tempo de afortunado novo coñecemento e gocei con outros sons distintos e, confésoo, disimulei dicindo que me apetecía oír algunha que outra peza ou ritmo que consideraba moito máis infumable que as coplas. Aínda así, cousa do hábito,  ou do mal oído, supoño, acabei por precisar a música para darlle compaña a moitas das tarefas que fago, coas emisoras musicais as máis das veces, sen poñer reparo nas pezas a escoitar. Agora non me importa recoñecer que son ecléctico en moitos aspectos das miñas querencias, e o da música acaba por ser un dos meus mellores expoñentes. 

E si, gústame a copla. E onte pasei un tempo memorable coa voz de Pasión Vega, e con pezas coma Y sin embargo te quiero ou La Tarara.

De ter que quitar algo do concerto, talvez me sobrasen Granada e, seguro, Suspiros de España; pola xente que se derretía emocionada nos asentos próximos, máis que por outra cousa. De poder, cambiaría esas cancións por Tatuajedúas por unha, cos ollos pechados. 

Que pena que, polo momento alomenos, non nos deamos separado da españa cañí, ou da caspa, nin na música!









Cantas contenta
e a voz, no aire, vólvese menta.








.




Sem comentários:

Enviar um comentário