terça-feira, 16 de setembro de 2014

Dezaseis


Xuntamos cifras e remexémolas na cabeza para darlles un significado. Somos capaces de aprender un cento delas. Do máis dispares todas, pero doadas de memorizar se empregamos as estratexias acertadas. Eu, por experiencia propia, a certas cifras prefiro sempre asociarlles o corazón, e así vaime indo ben. Moi ben. Poño o corazón no dezaseis e déixoo quedar nel gozando dos números, do tempo, das anécdotas, das imaxes, dos sons... Gozando de cariño dado e recibido. E son moi feliz. 

Igual do que me pasa co catro, outro número que tamén ocupa o meu corazón.

Setembro encántame, e non porque vaia comezar o outono, que é unha estación que desfruto canto podo. É polo dezaseis.

Que máis razóns necesito?





Saúde!







Nos ollos un azul de ceo aberto,

na boca as alegrías dunha risa

cos claros desa luz que gaña o día

para amigos que darán o amor certo.



Na voz e na palabra o ton desperto

que lonxe vai levarnos a tristeza,

bailando a diario coa sorpresa

sempre por gozar: erro ou acerto.



Non precisa soño, innecesario

estea onde estea, navegante,

descubrindo real o imaxinario.



E fai a súa ruta, camiñante,

pirata de amizades, fiel corsario

deses mares rei e novo atlante.


































.

Sem comentários:

Enviar um comentário