sexta-feira, 23 de setembro de 2011

Frío








Se o verán foi como foi, e o outono chega desta maneira, vale a pena non pensar como   se aventa o inverno próximo. 
Hai banqueiros aos que non lles gusta o imposto do patrimonio que se acaba de repoñer (por que o quitaron?).
Aplícanlle un ERE a un hospital, e deixan de dar servizos que antes daban (en Barcelona, para aforrar 10 millóns de euros, e afectará a case 1.500 traballadores, e a ben máis pacientes).
Zara vai facturar as súas vendas en Internet desde Irlanda, para pagar menos impostos (aquí tería que pagar case o dobre).
En Madrid van aforrar 80 millóns cos recortes en educación (en Galicia nin se sabe, de tanto que vai ser).
Aznar ficha de asesor de Barrick Gold, maior produtora de ouro do mundo, nestes intres ocupada véndolles as tripas aos glaciares sudamericanos.
A Xunta suprime a 120 delegados sindicais (a metade de educación), sen acordo coas centrais sindicais.
Baltar converte en funcionarios a 15 cargos máis  do PP e familiares seus, namentres Manuel Rivas fala  de belocidade, bontade e obos.
E nós preparándonos coma tolos para ese frío glacial que nos ha comer neste inverno (e a culpa non é do elevadísimo prezo dos combustibles, que tamén).








VI
O desexo é viaxeiro:
da cara á caluga, ao colo,
caricias de  amor lixeiro,
bicar, volvéndose un tolo.
VII
No vermello da paixón
tapas o branco dos dentes:
os labios son corazón,
querer bicalos é urxente.
VIII
Do queixo baixo ao pescozo,
esvelto e tan arrogante,
sabedor de canto gozo
dan os bicos alí diante.
IX
Ombros teus para adornar,
gran lección de anatomía
que querería estudar
moi a modo, día tras día.





.

Sem comentários:

Enviar um comentário