segunda-feira, 5 de setembro de 2011

Mediocridade




Curioso. É este un tempo estraño, onde nada parece estar no seu sitio.
Se un se para un pouco a ler os titulares de prensa (non se precisa ler nada máis), tén a sensación de estar a vivir nun impás. As noticias valerían perfectamente para a semana pasada e tamén para a que vén. Nada ilusionante, e todo referencias ao continuismo, se exceptuamos o relacionado co catastrofismo natural. A mediocridade asáltanos definitivamente e quítanos inclusive as gañas de protestar.
A un pásalle pola cabeza a hibernación que nos anuncian, ou mesmo a viaxe a un deses planetas habitables próximos. Xa dicía o tango que “veinte años no es nada...”, así que para emigrar, nada de Alemaña, os galegos, de facer algo, facémolo ao grande.









Cousas.
Non se salvan co recordo
Os sorrisos ensinados,
As miradas de ilusión que foron xesto
Destemido,
Decidido cara adiante.
Nada hoxe.
O real é o que se foi.











.




Sem comentários:

Enviar um comentário