segunda-feira, 4 de junho de 2012

Catro




As preguntas responden en si ás inquedanzas que nos ocupan. Pararnos un pouco a buscar respostas, por máis que non aparezan de primeiras, soe ser un traballo reservado para aquelas persoas que viven cun concepto especial do tempo, esas que o gastan usándoo en  temas e  persoas verdadeiramente importantes. Que no noso camiño se crucen seres interesados en preguntar e en que lles pregunten, gozando do pracer da comunicación, do gusto de compartir, acaba por dar un sentido extra que se acumula no valor das cousas sinxelas, desas que temos ao lado, pero que en ocasións, e froito desa mesma proximadade, acabamos por velas lonxincuas e inalcanzables










Por ti, por tantos mañás fermosos.




Hoxe é mañá?


Cando é mañá?, preguntaches ben curioso.
Sen oír, adeus respostas.


Cando é mañá? Retomaches a ilusión.
Que preguntas!
Vaia cousas...
Porfiaches:
Cando é mañá?
Cando durmas toda a noite
e xa despertes.


Hoxe é mañá?, ao día seguinte:
Hoxe é hoxe.


(Ao durmires, sorrías confiado de espertares no mañá.)


Hoxe é mañá?
Mañá...
Un mundo enteiro por vir.
Agora é hoxe.


Hoxe é mañá?


Seguiremos agardando ese porvir.




































.


2 comentários:

  1. Non sei moi ben que dicir: gústanme moitísimo estes regalos virtuais :-)

    ResponderEliminar