sábado, 9 de junho de 2012

Dívar-tido




Un xa non sabe se rir ou chorar. Vin o vídeo de Ana Botella e oín incrédulo o que dicía. Non é posible. Non pode ser que unha persoa da súa formación e cultura sexa a alcaldesa de Madrid. Escoitar os seus razoamentos (?), a pesar de que non sexan a intervención completa (por fortuna), non pode levar ás persoas minimamente formadas máis que á perplexidade.
Vendo políticos deste tipo, e en Madrid abondan, entendemos por que unha entrevista a Vargas Llosa pode ter a metade de telespectadores que a que se lle fai a Cayetano Ribera. É o que somos, e non podemos pretender aparentar outra cousa. O que en verdade me pregunto é se,  con estes dirixentes, merecemos que nos rescaten. Case valería máis que pagasen por botarnos.
Grecia, Roma, Cristianismo, Europa ... (Todo é maiúsculo)











Acábaseme a paz,
vexo que marcha cal aire diluído no baleiro;
quizais detrás de si,
quizais un pouco,
un vento non moi grande vaia vindo
e empurre con coidado inexorable,
limpando nas miserias do camiño.


Non quero indiferenza,
nin a espero,
nin ir buscar atrás noutro vieiro,
abonda con borrar todo o desfeito.


Ilusións.
E soños.
E proveitos.














.


Sem comentários:

Enviar um comentário