A cousa vai indo. Xa melloramos e podemos estar ledos. O mundo é
como ten que ser. A Terra volveu ao seu sitio e todo iso de que somos
estrelas, ou hidróxeno, que vén sendo o mesmo, era un conto.
Fíxonos un deus tal e como nos contaban e nos obrigaron a aprender
de pequenos. Talmente. Barro somos, de mellor ou peor calidade, pero
barro, se miramos aos nosos ancestros.
Un profesor da universidade do País Vasco e outro profesor de
secundaria da parte do Levante (que ademais tén o título de doutor)
publican con fachenda que a Terra é o centro do Universo. Igualiño
a como o ensinaron os xesuítas naqueles tempos de deus. Son
creacionistas e o seu libro, porque publicaron un libro coa teoría e a publicidade fáillela ABC, é especialmente
recomendable para católicos con boa formación en ciencias. Pero
non sei, catolicismo e boa formación en ciencias, a primeira vista, parecen dúas premisas incompatibles, aínda que nunca se sabe.
O que máis medo me dá non é que vendan o libro, porque co que se
le nestes tempos moitos non han vender, preocúpame ben máis que os
dous estean a ensinar, en secundaria e na universidade. Pobres
alumnos se non se lles dá por facérense autodidáctas nas súas
materias!
O espazo un día por
esperto
cantou o inicio
dunha Terra.
Foi ao paso e ben a
modo
por ver se lle
prestaba intelixencia.
Por que présa?
A que apuro?
Millóns de anos
despois,
case tres mil,
houbo bacterias.
Soas.
Perdidas, esquecidas
e distantes,
sen se ver.
Inmenso mar.
.
Espléndida entrada ! Á mordacidade da reflexión, opónse unha poesía, tan espida, que produce vértixe cósmica ( eses catro últimos versos !)
ResponderEliminarParabéns
Grazas pola xenerosidade!
ResponderEliminarApertas!