sexta-feira, 5 de agosto de 2011

Lura


O olor das luras é unha provocación aos sentidos. Despértaos,  para que poidamos ter unha sensación de fame que só se xustifica polo sabedeiras que son. Eu vexo facelas  e observo a atención e o detalle que se empregan ao cociñalas, dotándoas dun selo persoal imposible de non captar. As súas formas acaban reflectindo canto de artesán teñen,  coma eses labores que se fan con esmero para que acadan finais diferentes, porque nestes casos a perfección esixe a obtención de singulares e inimitables resultados. 


De ser unha fixación miña coas luras, quero avisar tamén que Lura, a cantante caboverdiana, é un puro espectáculo bailando cancións étnicas propias das illas, ademais de ter mornas realmente preciosas.



















Neptuno remata agora a súa volta

namentras o pesadelo toca
a moitas Ishas
negras
e dúas veloces ananas
brancas
acaban por darlle a Einstein a razón.



Os chuetas lapiudos
felices ao aquelarse
fachendosos
mineiros brancos
facendo excavación
na procura de pasados
ancestrais.



Que mundo no que estamos sen vivir!










.

Sem comentários:

Enviar um comentário