domingo, 28 de agosto de 2011

Ou non?

Cando lemos, cando soñamos, cando cremos necesario mentirlle á realidade, inventamos finais para nós mesmos, e soen ser incriblemente mellores que os crudamente ofrecidos pola existencia.




Os ríos (e VIII)

E dos outros ríos, que?
Perderán os seus combates
os catro ríos pequenos
se non hai outros remates.

Mais, para moita outra xente,
a carreira continúa
e non terá gañador
namentras auga lles flúa.





.

Sem comentários:

Enviar um comentário