terça-feira, 30 de agosto de 2011

Terapias


Seica é bucólico o que conto, o que digo. E, de ser así, xa é unha recompensa. Se me acordo das cousas agradables, e as revivo, quédame, cando menos, un medio sorriso co que me permito ser un pouco máis feliz.
Hai cousas das que non necesito falar porque nin as esquecín nin me dan alegría, e non as podo cambiar.
Escribir, dalgunha maneira, ven sendo como a terapia de facer malabarismos inocentes por estar máis contento, sen perxudicar, claramente, a ninguén.
Ademais coñezo a unha persoa que di que nunca quere parecer triste, pois se fala de dores a xente non está con ela, pero para as alegrías apúntase calquera. E, de momento, a cousa funciónalle




Verde e marrón





Escribir por dar forzas en presente,
Ser ousado, tentar a ter valor.
Parar na indecisión de ver futuro
Por pensar, acougar, só por falar.

Relaciónome por escoitar opinións.
A outros máis sumo un ego non vital.
Intentos de inventarme como son
Por se un día eu me quero comprender.

Elixir unhas verbas por pracer
Ou, se non, rebaixar desasosegos
Escollendo as palabras amorosas,
Por fuxir, se é posible, do pesar.

Referentes así eles importantes
A quen chega a notarlles o valor,
Darnos calma e repouso apetecido
E abrir algunha senda de evasión.












.

Sem comentários:

Enviar um comentário