domingo, 1 de maio de 2011

Megalópoles



Non nos damos a importancia real que temos. Seguro. Veño de oír en conversa filosófica de bar que Tokio e Kioto son o mesmo nome, pero posto daquela maneira. E comentábase cunha certa admiración da grande intelixencia oriental. Tal como podemos falar dos fiordos noruegueses desde o alto da Garita  de Herbeira, eso si, buscando afanosamente o posible perfil das illas Sisargas. 

Alí, no bar, calado, tiven na cabeza a imaxe dos cans que tiña un veciño meu, na época do pantalón curto.

Eran dous cans moi parecidos, dous palleiros puros máis iguais que se fosen da  mesma  camada, e el puxéralles nome. Coquis e Quisco. Dicía que non se parara nada a pensalo, porque o que lle gustaba realmente era xogar con eles.

Sempre que chamaba repetidamente a un, acababan vindo os dous, por máis que non andasen xuntos. Parecía cousa de maxia. É sabido que,  con galegos, na aldea, estas historias acaban volvéndose cotiás...

Cousas da cultura!

Quiscoquiscoquiscoquis!






Mínteme como ti queiras,
sempre alegre cada día,
ou contenta, á túa maneira.


Como non sabes mentir,
cando dis que non  me queres
nunca te paras de rir.


Eu coñézocho na voz,
o que nega a túa palabra
entrégamo o corazón.










.