Remata
unha esperanza e volvemos ao pasado. Avisan de que El País será
máis pequeno para nós, e non por causa de que marchen os cataláns.
Encolle porque, neste mercado no que estamos a desenvolvernos, as
páxinas de información de Galicia non lle interesan aos
compradores; as necrolóxicas si, pero en El País non avisan de enterros e cabodanos. E aquí sabemos seguro que todos habemos morrer algún día: se non hai esquelas, non hai periódico.
A
paradoxa é que neste terra véndese ben o do país, sexa queixo,
viño, pementos ou prensa. Prensa si, pero non esa. En realidade vender non é
que se venda moita, cada un edita o seu xornal, fabrica a súa
noticia adaptándoa á realidade interesada do lugar e pasándoa pola peneira da
sabiduría adquirida. Non vaia ser que teñamos que crer o que nos
din persoas que non saben de que vai a cousa, que viven do conto, ou
pretenden vivir del. A nosa razoable máxima debe ser desconfía e acertarás.
Mais se polo camiño nos regalan un periódico ao tempo que nos venden
unha culler e un par de garfos, ou mesmo unha inutilidade que non
precisamos, podemos chegar ata a subscribirnos a todo tipo de papel e así poderemos ver, mellor que se estivesen feitas, as obras que tan só promete o
goberno. Claro, por iso de alegrarnos de tanta mellora e benestar!
El País anuncia agora un "ERE doloroso e inevitable". O cinco de outubro publica unha noticia avisando dun plan de xubilacións e dunha rebaixa salarial para os traballadores. “No es una cuestión de querer mejorar la rentabilidad. El periódico no puede soportar por más tiempo su actual estructura de costes”, di Cebrián. que cobra do grupo un dos salarios máis altos dos que se pagan aos executivos en España.
Aí polas oito e media do mesmo día, en Twiter, aparecía:
Aí polas oito e media do mesmo día, en Twiter, aparecía:
176 comentarios borrados en esta noticia de El País.http://elpais.com/elpais/2012/10/05/actualidad/1349440803_055279.html …
Retwitteado por Diego E. Barros
Cal é o periodismo que nos agarda?
Ese mesmo día, pero tres horas máis tarde, vexo que comeza a colaboración de Alfonso Diez con ABC. O título de periodista teno pola universidade de C. de Alba. Escribirá unha columna sobre cine. E presume de ter aprobado de chiripa no bacharelato...
Ese mesmo día, pero tres horas máis tarde, vexo que comeza a colaboración de Alfonso Diez con ABC. O título de periodista teno pola universidade de C. de Alba. Escribirá unha columna sobre cine. E presume de ter aprobado de chiripa no bacharelato...
Todo o millo se
secou
despois de tan longo
estío
agardaba pola chuvia
por non ver campo
baldío.
Igual vai o corazón
que dá o amor sen
medida
se non recibe no
cambio
amor que renda
alegría.
O ceo, sen nos ser
gris,
mudou volvéndose
negro,
así virarán os
bicos
que xa nunca nos
daremos.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário