En
Galicia hai 570 fundacións e 31 716 asociacións. Dan emprego a 6
837 asalariados, o que supón o 0.75 do total...
http://fb.me/1OBQWdNeW
Non
temos amaño. Sexa como for, o que se repite unha e outra vez no noso
país, o que non desaparece nunca, por moito que se faga ou intente,
é esa tendencia á fragmentación, á redución en unidades
simples, ao canto ao pequeno, ao individualismo. Nós e o noso
embigo.
Cando
nos falan de minifundio, póñennos de exemplo; cando se explican as
unidades xeográficas de poboamento, déixase sempre un capítulo
enteiro para que caiban nelas as exepcións galegas: parroquias, aldeas, lugares, rueiros, casais... Levamos mal iso de buscar puntos en común
e encántanos mirar moito antes as singularidades que posuímos. Non
hai maneira.
E por
se non estaba claro, en fundacións e asociacións somos
espectaculares: temos tantas que tocamos a menos de noventa persoas
para cada unha. Menos de dous millóns oitocentas mil persoas con
máis de trinta mil asociacións: a ver quen supera isto!
NOTA.-
Eu estou convencido que na lista faltan as asociacións que temos
tamén no estranxeiro.
O cómodo silencio compañeiro
contrasta noutras voces alonxadas
cos mundos que facemos convencidos
do nada que mantemos en común.
Silencio necesario, oportuno,
esquivo das inútiles batallas,
axudas pra mentir
o que non somos
e a diario intentamos parecer.
As horas suman anos sucesivos
a persoas de oficios repetidos
sen nada que comparta profesión.
Iguala todo a paga, igual salario
celebrando valor, mediocridades.
Sabémonos substancias diferentes
no apoio dun eu individual,
vulgar na diferenza, tan real ...
.