quinta-feira, 26 de maio de 2011

Mazá

A froita sempre me gustou. Temos, na horta, unha chea de árbores froiteiras de sempre, das de toda a vida, e entre elas, varias maceiras de distintos tipos. A mazá é unha froita que se dá ben na nosa terra, e vén durante todo o verán e case todo o outono. Algunha variedade chega a durar, en boas condicións, practicamente  ata a primavera, e un pode así comer mazás da casa durante o ano enteiro. Cando se acaban non queda máis remedio que comer desas que saben ben á vista, pero pouco máis. Aínda así, mercámolas, e varias xuntas, un quilo, dous... Non facemos coma o dono de Inditex, que anda por aí mercándoas de unha en unha, e por riba avisa na prensa, para que se saiba: agora vai mercar unha mazá en Londres. Pero avisa antes, ou sexa, que unha mazá e, por riba, regatea. Non resulta raro que acabe xuntando, aos poucos, esa fortuna que tén.





O feitizo de quererte
non ten engados de amor,
só ten a luz dos teus olllos
e, do corazón, calor.

Non te confundo coa rosa,
non te comparo coa flor,
elas pasan cando murchan,
en ti o encanto é maior.






.

Sem comentários:

Enviar um comentário