É venres pola tarde. Agárdase a vista duns amigos para o remate
dunha xornada tranquila. Eles hanlle poñer o punto diferenciador das
rutinas diarias e a emoción da risa que esperamos.
No horizonte a fin de semana familiar e as comidas con sobremesa,
nas que estamos agradecidos a ese tempo que sabe irse de maneira
harmoniosa e confortable.
Aproveitado de tan distintas maneiras, como gozamos do tempo
persoal!
Véndote facer
croquetas
Os olores da cociña
regálannos a
memoria,
traen para estes tempos,
persoas e máis
historias.
Os das cebolas
rustridas,
cando se fan as
croquetas,
desbordan as
sensacións
e dan imaxes
concretas.
As croquetas da
memoria
esas que eu tan ben
coñezo
nunca serán
superadas
por máis que lles
boten rezos.
Neses primeiros
momentos
de cortares as
cebolas
con coidado, moi
amodo,
ben picadas elas
soas.
Non deitas nin unha
bágoa,
non esvaran na túa
pel,
aínda que vai e
anticipas
o sabor da besamel.
Na besamel ha de
estar
o xamón esfiañado
por lle dares un
sabor
excelso a cada
bocado.
Engádeslles dous
tomates
por lle prestares
color,
e un punto de noz
moscada,
de incalculable
valor.
O lume pon a
cocción.
Lume lento na calor.
Unha masa que anda a
voltas,
guiada da túa man,
con espátula de pau
que non se debe
parar.
Eses fumes que
arrecenden
a mesturado
alimento,
os sabores que se
intúen
e son acontecemento.
Ai, a caricia final,
esvarando polas
palmas
nas formas case
perfectas
do que se crea con
calma.
O pan, alimento bo,
adórnaas de
faragullas,
para triscar, cando
bailen
polo aceite, coas
burbullas.
Así reciben color,
para sumarlle ao
olor,
na receita máis
caseira,
inesquecible sabor.
.
Agradecida por la receta. Me recordó al libro de cocina de Picadillo, que alternaba recetas con algúnos versos. En este caso, los olores, colores y las sensaciones acompañantes hacen muy apetecibles esas croquetas.
ResponderEliminar