Días nos que nos convidan á reflexión, ao pensamento profundo, e á analise das consecuencias que poden dar os nosos actos. Se un xa non anda a
diario con présa, en días coma este eu fago que o tempo estire e aproveito para pensar; que non todo vai ser falar.
Si. Falo demais, xa dixen que me perde a boca, e tal é así que comentei cun veciño un pouco máis novo (non moito, porque os cincuenta non os cumpre xa), iso de como nos van cambiando algunhas crenzas co paso dos anos.

-
Desde logo que nos cambia a vida -filosofáballe eu-. Dámoslle
importancia a cousas que antes non a tiñan. E deixan de preocuparnos
outras que antes ocupábannos tempo e atención. Ata, se me apuras,
creo que un acaba por discutir menos...
-
Estou contigo. Seguro, seguro! Mira que a miña muller e máis eu
temos tido discusións grandísimas, desas que parece que se vai
acabar o mundo, sabes?
- Si,
claro, todo o mundo as tén máis dunha vez...
-
Pois eu non o levaba nada ben. En realidade levábao francamente mal. E díxenlle: “mira, imos deixar as
discusións para os venres; os venres pola tarde, ou se ti queres á noite, e aí
discutimos; pero de luns a xoves vénme foi mal, mira que me queda
despois unha dor de cabeza que nin pa que; así que os venres: podemos ir anotando as queixas nunha folla e o venres discutímolas”. E
ao primeiro, moi ben; discutiamos os venres e todo ía mellor. Agora non sei, porque pouco
a pouco, ata no venres fun deixando de discutir. Mira, ultimamente, se me di algo,
déixoa falar, pero normalmente nin lle contesto!
-...!
E si, nesta xornada de reflexión ando a darlle voltas ás suas palabras, que me parecen máis sensatas que as de moitos dos políticos que me pediron o voto estes días. E aí non reflexiono, non. O voto xa o decidín hai tempo, porque non lle dei razóns á vida para que mo cambie.

La mer, la mer, toujours recommencée...
P. Valéry
La sang qui brille aux lèvres qui se rendent
Igual que unha historia nun encontro
Coas palabras a feriren a sabendas
Buscando aló no mal, no que máis doe.
Aí está o lugar, no mesmo sitio
Aquí o corazón que non tén porta.
Vistamos as palabras de verdade
Dámoslle, esta vez, fría aparencia
Á frase desmedida. Sen consolo
Non queda xa un lugar para máis erros.
Saberse, pois, tan visto, tan sabido,
E ver que non sorprende o desatino…
.