Sufrimos pola xente á que queremos, dunha maneira tan interna coma
intensa, pois non deixamos que asome en demasía a nosa pena, pero o
pensamento non é quen de superalo e revive dor sen que lle pase. Se
queremos, dóenos e ese cariño tén un valor engadido grazas ao cal,
cando a vida se conduce deixándonos desfrutala, o goce remata por
ser maior. Non pode resultar esaxerado pensar que as persoas
desexariamos ter o don de poder transmutarnos naqueles aos que
amamos, de xeito que nunca, se de nós dependese, os habería de
alcanzar a tristeza.
Estamos
en invierno, amor, y llueve ...
Luis
López de Anglada
E todo o que nos
molla en desamparo
penetra no máis
fondo, mesmo en nós,
nas verbas que
falamos, e na voz
que acada para si o
ton non caro.
Estamos nun
inverno, sendo frío,
no abrigo que
estrañamos ao non vernos
nos ollos que non
ven por non querernos,
en todo o que se
foi: auga de río.
A vida que non
volve, xa perdida
en tempos rematados
sen sabelo.
Estamos sendo
inverno, sen querelo,
enchendo de xeada a
nosa vida.
Que nazan soles
quentes, primaveras,
e acaben cun
inverno xa de eras.
.
Todos los días son hermosos,todas las estaciones, únicas;pero pocas amistades son tan queridas. Precioso poema, y sí: los días, mas largos y luminosos, anuncían una cercana primavera.
ResponderEliminarDías coma hoxe semella que si, que a primavera volve para acompañarnos. E canta razón tiñan os que nos dicían que o amor con amor se paga. Bicos.
ResponderEliminar