Seica hoxe mingua a noite e medra o día. Para nós, para todos, creo que vén sendo así. A nova de que Eurovegas acabe por non estar en Madrid fai que algo, queirámolo ou non, medre o día. Xa non todo é tan escuro como ameazaba.
Bo día, pois, para lembrar algunhas das declaracións
dos políticos madrileños metidos ata riba na morralla que toda esa
cidade suporía. E mesmo tamén para lembrar as posicións
rapidamente adoptadas polos medios de comunicación defendendo os
intereses que máis lles acaían.
Por se algún remorso quedase do investimento que non se fará nunca, abonda con pensar que hai fins que nunca xustificarían
nada (aínda que esteamos a adaptar este tópico ás nosas
necesidades).
A fame cambia de
nomes...
mentres mantén
apelidos.
Por sempre a mesma
fame
comendo a mesma
xente.
Espallarase no mundo
afastada aos
recunchos miserentos,
nin cheiro nin fedor
na boa mesa,
no xantar daquel que
a puxo lonxe.
Moverase no medio da
inmundicia
acomodada
no baixo da voz que
a representa
na que clama.
De crelo un
espellismo,
de verse libre,
invisible fame ocupa
outros lugares
iguais así a este
mundo,
levando os apelidos
que son seus.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário