Hai
comidas que resultan un pasó máis aló da simple alimentación.
Dan ao tempo unhas rápidas horas de conversa propicia, de opinión compartida e de goce da palabra tranquila. Así o día ensínanos que
pode medirse en tempos de benestar e non con inhumanos reloxos. Que
se acabe o día non influirá no regusto que produce a evocación
do falado, esa recensión que podemos aplicarlle ao noso feito diario
de facer vida. É pracenteiro atopar días deses e momentos así.
Rememorar detalles próximos que desfrutamos parcialmente no intre de
producírense e cos que logo nos deleitamos como expertos gourmets para
sacarlles aínda unha infinidade de sabores ocultos. É fermoso partillar, aprezar as bondades dos amigos e facer propósito de instaurar de modo regular rutinas de compartir
mesa e mantel.
A espera vai por
ti, por un almorzo,
que
dure o que a auga morna pola pel.
Por
fóra agardaremos ese sol
radiante,
esplendoroso, de mañá.
En
día ben tranquilo.
Agárdanse
os minutos con café,
olores
e palabras que arrecenden,
da
prácida conversa de domingo,
regalo
neste tempo de gozar,
e
un pide ter domingos como vida
que
cumpran a promesa terreal.
E
os xestos que ti tés cando te vemos...
Sem comentários:
Enviar um comentário