segunda-feira, 19 de novembro de 2012

Nais





Vale.
Acabo de ver nas noticias de La Sexta, nas das oito, a nova dunhas nais de Valencia que quitan a roupa para facer un calendario co que recadar fondos para solucionar o problema de transporte escolar que están a sufrir os seu fillos. Dado que teñen a residencia a máis de tres quilómetros (medidos en liña recta sobre o mapa) do centro educativo, oitenta alumnos deben ir a pé á escola, sen teren dereito a beca ou a transporte. As nais queren así protestar e chamar a tención sobre algo que sofren este ano por vez primeira e que, polo que lles di a Generalitat, semella poder repetirse en anos vindeiros. Noventa  euros ao mes tería que pagar cada escolar polo transporte, ao que teñen que sumar os cartos do comedor do colexio. Se non contamos libros e material educativo, o custo deste ensino obrigatorio e gratuíto (segundo a constitución) ponse nunha morea de euros ao mes. E seis millóns de parados.

Non me estraña que estas nais saian sen roupa nas fotos: ao final vannos deixar a todos en pelotas! 










O medo entra desde os pés
sen anunciarse.
Sobe destemido polas pernas
e vai facendo sitio máis arriba
quedándose parado a molestar.
El sabe que incomoda
e non lle importa.
Incluso por momentos é peor
e ascende de contado ao corazón
e apreta,
porque doia.
Dano puro.
















.

Sem comentários:

Enviar um comentário