quinta-feira, 15 de novembro de 2012

Inicios






A época máis fermosa dos coellos é esa na que empezan a coñecer o sabor das verzas. Sendo dos primeiros alimentos que eles se atreven a coller por si mesmos, as verzas permítenlles triscar doadamente, obtendo sabores insuperables (e falo por suposicións) do que ha ser un dos seus manxares favoritos. Eu bótolles de case todo aos coellos: pan reseso, pelas de froita, anacos de mazás, algún fiúncho de cando en vez, cardos (máis ben leiterías) e moitas verzas. Ou pensos, se non me queda outro remedio. As verzas das coles son as que mellor comen. Podes poñerlles calquera comida, pero engades ao final as follas das coles, e aló van sen dubidalo. Eu creo que ata as comen sen fame. Só por vicio, tal e como nós facemos ás veces (fóra a alma).

Eu agora teño coelliños que están comezando a súa independencia alimentaria. Darlles a comida e deixar que pase o tempo véndoos, tamén alimenta o espíritu propio. Despois un volve como se rematara de ver un documental deses da BBC, dos que era capaz de facernos Gerald Durrell.














Que días non avisan para irse?
Cando son as horas anunciadas?
Por que se nos pon a auga avolta?
Cal é o tempo morto desta vida?
Onde van os momentos agradables?
Quen atopará canto perdemos?















.






Sem comentários:

Enviar um comentário