Se tivese modo, se soubese, escribiría todo o que me
contan e que perdo ao pouco de escoitar. Tódolos días xorden
historias interesantes e únicas, que valerían para escribir por se
alguén desexase reflexionar sobre elas; de sentilas próximas,
claro.
Mesmo escribiría sobre esas opinións que nos
permiten ir construíndo un mundo á nosa maneira, sen que posúa
moitos pés de realidade, como soe demostrarnos o inexorable tempo
cando acaba por levantar a poalla que crea lentamente a vida,
namentres nós andamos ocupados noutras limpezas máis inútiles.
Que reclamamos dos demais? Que pedimos polos desaires
que recibimos? Mesmo deses dos que prometemos vinganza inda sabendo que, de
darse o momento axeitado, faremos xusto o contrario que fixeron con
nós.
E cal é a nosa xustificación? Haina, por suposto: Non imos rematar sendo coma
todos, non?
Non teñas nunca
medo
contaba que dicía
Como nos quixemos
El e eu!
toda unha vida
Canto me gustaba
como era!
O modo convencido
En que daba o amor
que rebordaba
Do seu peito
e sempre, sempre
Nin lonxe había
medos
nunca o tivo
El comigo
Mesmo polo xeito
de mirarnos
Sobrando ata as palabras
Non teñas nunca
medo
E quen ten medo?
nin hoxe,
que é recordo.
.
Xa tardabas !. Canto estrañamos a túa ausencia !.
ResponderEliminarBenvido e parabéns...sei do que falas - hoxe - e conmóveme tanto a poesía !
( a reentré do dia 15, xenial !!
Realmente cuanto te hemos echado de menos...Y ahora, cuanta alegría porque has vuelto. Espero que sea para quedarte.
ResponderEliminarUn abrazo
Grazas! Sodes xenerosos. Como non vai volver un se, ademais do pracer de darlles voltas ao mundo, as letras acaban por resultar unha aceptable escusa para crer que son merecidas as vosas loanzas.
ResponderEliminar