quarta-feira, 26 de novembro de 2014

Embigos






En Galicia hai 570 fundacións e 31 716 asociacións. Dan emprego a 6 837 asalariados, o que supón o 0.75 do total... http://fb.me/1OBQWdNeW 



Non temos amaño. Sexa como for, o que se repite unha e outra vez no noso país, o que non desaparece nunca, por moito que se faga ou intente, é esa tendencia á fragmentación, á redución en unidades simples, ao canto ao pequeno, ao individualismo. Nós e o noso embigo.

Cando nos falan de minifundio, póñennos de exemplo; cando se explican as unidades xeográficas de poboamento, déixase sempre un capítulo enteiro para que caiban nelas as exepcións galegas: parroquias, aldeas, lugares, rueiros, casais... Levamos mal iso de buscar puntos en común e encántanos mirar moito antes as singularidades que posuímos. Non hai maneira.

E por se non estaba claro, en fundacións e asociacións somos espectaculares: temos tantas que tocamos a menos de noventa persoas para cada unha. Menos de dous millóns oitocentas mil persoas con máis de trinta mil asociacións: a ver quen supera isto!


NOTA.- Eu estou convencido que na lista faltan as asociacións que temos tamén no estranxeiro.











O cómodo silencio compañeiro
contrasta noutras voces alonxadas
cos mundos que facemos convencidos
do nada que mantemos en común.


Silencio necesario, oportuno,
esquivo das inútiles batallas,
axudas pra mentir
o que non somos
e a diario intentamos parecer.

As horas suman anos sucesivos
a persoas de oficios repetidos
sen nada que comparta profesión.
Iguala todo a paga, igual salario
celebrando valor, mediocridades.


Sabémonos substancias diferentes
no apoio dun eu individual,
vulgar na diferenza, tan real ...










.

Sem comentários:

Enviar um comentário