- Están falando de inodoros, de sanitarios, no telediario. Seica un de cada tres habitantes do mundo, non ten inodoro. 2.500 millóns de persoas. Lóxico, sendo como é o día mundial do sanitario. Todo o que resulta disto é un mundo con problemas de saúde e hixiene. Moitos e de envergadura. É alucinante: pódese ter móbil ou tv de última tecnoloxía, pero non váter. Pois así é este mundo. Aínda que, non sei, quizabes isto estea patrocinado por roca. De feito na reportaxe acabaron por mencionalos e ata ensinaron un modelo no plató de televisión. Podía ser un dama, pero non o aseguro.Outra noticia rechamante do día é a denuncia dese profesor do Opus que traballa nun colexio relixioso e lle mandou a carta ao Papa para informalo dos abusos ao que o someteron uns curas de Granada. Os Romanones, seica, un sector de ultradereita que tiñan tamén asociados laicos. Xentes de boas riquezas terreais, que non facían outra que buscar a santidade necesaria. As postas en común, parece, practicábanas dous días á semana, nunhas abertas convivencias grupais.Errejón tiña unha beca, 1.825 € ao mes, e confesa que había días nos que o traballo non lle cundía. Iso non é problema. O preocupante é que agora non atopan a ninguén para que ocupe ese posto. Era tan seu, tiña un perfil tan preciso que van ter que clonar a Íñigo Errejón se a Universidade de Málaga quere seguir co proxecto.Non sabía que Pablo Iglesias tivera unha produtora de televisión propia. Ou non. Creo que o que tiña era unha asociación sen ánimo de lucro. Ou parecido. 30.000 € andan por aí danzando, sen que se dean aclarado. Mano Izquierda. Iso.Claro que, sumando 1.825 € ao mes, e trinta mil polo outro lado, aínda quedamos lonxe dos 3.000 millóns que lles regalaron os gobernos últimos ás eléctricas.E que máis?Véxome medio mal. Teño inflamada a gorxa. Onte unhas décimas e agora un pouco mellor. Estou empezando con algo de tos, a pesar do frenadol. Optimista como quero seguir sendo, agardo que o asunto non se faga serio. Serán estes ventos os que me poñen así?
- De todas maneira, si que estamos todos faltos de latrinas...
- Fálame, vento,
tráeme as novas deste teu tempo.
.
Bienvenido, Antón; qué te mejores.
ResponderEliminarUn abrazo
Grazas! Grazas! Xa vou indo...
ResponderEliminar