domingo, 15 de março de 2015

Novas



Ocuparse das novas que nos traen estes tempos non gratifica. Sexa o feito de que aparecesen restos múltiples e en bo estado nun cemiterio do século V antes de Cristo, nas proximidades de París (se unha chea  de quilómetros son proximidade, claro, non cercanías mesmo, pero vaia); sexa que Felipe González crea que é un erro que non se permita ir nas listas aos imputados (non está o sr. González moi ao día, porque agora xa non son imputados e el non o sabe:  -pero aínda non se foi? Váyase, sr. González!-);  sexa que o PP vexa vir o caos se non goberna en Ferrol,  ou que en Siberia haxa agora un séptimo cráter inexplicable, non gratifica. 

Todo pon medo. Tantos enterramentos dos celtas para acabaren convertidos nun centro comercial. Tantos votantes (libres grazas a Felipe) que non poden escoller libremente porque lles quitan os imputados.
E mais medo dá, aquí ao lado,  con tanto PP reppartido ppor Ferrol que, aínda non gañando eles, esteamos obrigados a seguir con caos no futuro!


O dito. Un fastidio.















                                      Con boa vontade de todo se pode tirar proveito.
                                                                                       Alice Munro.



O tempo trouxo as arañeiras
como veñen os fins que non se buscan
mesturados  nos recunchos miserentos
co silencio máis feroz e dominante.










.

Sem comentários:

Enviar um comentário