sexta-feira, 6 de março de 2015

Rir



Río, miro vivo e comprensivo
ao meu tempo de ser.



Apetecíame rirme un pouco e saír desta melancolía invernal dos últimos tempos. E por fin. Coas noticias que fun vendo pola prensa o sorriso foi poñéndoseme pola cara e, aínda que na mirada o que me asoma é unha certa mala uva, parece que quero rirme un pouco.

Non nos queda outra que ser así. 

Seica morreu un señor de aló da zona de Ortigueira, famoso en todo o estado pola frase “drogha en el colacao”, e outras tres pitutas máis. Aparece a nova do deceso en canles de televisión e nunha chea de periódicos, de maneira que ata Pérez Reverte, que lle chama gran José  Tojeiro, lle dedica hoxe unha loa en twitter.

  1.  retweeted



Doutro lado están os trescentos mil euros de chiste ao vídeo de Enrique Iglesias, e a réplica dos trescentos á parodia galega dos de Pale Tilla

Parodia galega tamén é que a Xunta, en acto institucional para celebrar o día da muller, leve a homes disfrazados de mulleres, para que luzan. 

E todo no mesmo país. E si, así nos loce.


Total, como non rir nestes tempos de sol e flores?











Sabémonos das persoas
ás que queremos mellor:
pensamos nelas, soñamos,
e rímonos con amor.













.











2 comentários:

  1. Bienvenido, Antón. Echo de menos el reírnos juntos. Un abrazo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Agora que os días van indo a grandes, non estaría mal aproveitar algún tempo para unha risa ben levada, non! A ver se se amaña! Bicos!

      Eliminar