É curioso como somos capaces de repetir esquemas unha e cen veces sen decatármonos de que, se o facemos, estamos invalidando principios que verbalmente defendemos. A sabiduría popular, capaz de resumir condutas en frases, resume situacións destas das que falo en menos de dez palabras: unha cousa e predicar e outra dar trigo. E abofé. E, por riba, xusto nos vai pasar con persoas que andan moi apegadas á prédica, tanto que xa case teñen por norma a substitución da xustiza pola caridade.
E conste que os feitos que me levan hoxe a desfigurar a realidade con palabras teñen moito máis que ver coa lóxica que co dereito; pero, vaia, nin así se chega a acadar esa mínima empatía que é precisa para que un se desenvolva de xeito xeneroso. Nada, que ao final nada somos e nada se pode agardar de nós.
Nota.- O título da entrada tamén podía ser "Y tú, más", pero puxen o outro porque me gustan máis os dunha soa palabra, aínda que teña máis letras.
Facer do erro razón
cando se pide cambiar
sempre é mala solución.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário