Xa é primavera e teremos que saír a mercar compulsivamente, pois os
anuncios bombardéannos inmisericordes para que así logremos despertar do letargo invernal. Vai sendo hora. Tanto tempo metidos en nós
mesmos que corremos o risco de perder a noción da existencia dun
mundo exterior. E posto que, no meu caso alomenos, o mundo interior
tampouco é como para andalo chufando, saír, saírse incluso, faise
altamente recomendable.
E como desculpa, se a precisamos, sempre podemos dicir que era cousa
do sangue, que andaba algo alterado.
Estabas tan feliz
por tanto esforzo
brillaban as
estrelas dos teus ollos
e a todo dabas luz
no arredor.
Oh, como te
mirabas, orgullosa,
queréndote inda
máis ao verte aquí!
Que día tan feliz
para sentir!
Mais eu non te
abracei,
non fun ousado,
parado por pudor,
triste de min.
Daríache unha
aperta interminable,
sabéndome ben certa
esa emoción
contaxio tan
fermoso,
e necesario,
de verte así feliz,
toda ilusión.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário