A nosa sociedade de consumo tén preparado tamén o día do pai. Póñeno á nosa disposición para que
non esquezamos que podemos mercar e agasallar nestas datas intermedias,
buscando demostrar o noso recoñecemento de xeito material, por se acaso resultase necesario.
Seica debemos vivir, din, coma se fosemos morrer mañá, polo que se fai imprescindible amosar os
nosos sentimentos sen recato, e a ser posible de xeito público, queiran ou non sabelos os demais. Con tanta propaganda ao redor, esquecerse dunha data sinalada vén sendo parecido a faltar
a unha obriga, a un deber, independentemente de que o ano conte con outros moitos días nos que
fagamos patente quen somos e de onde vimos. Non se di tamén que unha mentira repetida convenientemente remata por se converter en verdade?
Aínda así, creamos que non é só por vender un pouco máis neste mes: feliz día do pai a todos
os que desexan desfrutalo!
Nos
días de maior frío
cando
marzo vai mediado,
a roupa que máis abriga
é o cariño regalado.
Bicos
que nos dan a nós
sen
pensar se os merecemos,
pero
que levan tamén
outros
bicos que nós demos.
Celebramos
cada día
e
soñamos dar amor,
por
moito frío que veña
habemos
sentir calor.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário