segunda-feira, 24 de março de 2014

Palabras

     Recoñezo que me gustou moito escoitar a García Montero no Ágora da Coruñá o Día da Poesía. Encantoume.  Pareceume unha persoa dialogante, sensata, atenta á vida e ás persoas que con él se cruzan. Pausado no ton, mesurado na linguaxe, daba o aspecto de profesor intelixente e culto que calquera alumno estaría desexoso de ter. Todo, por máis complicado que parecese, remataba por ser sinxelo ao desfacerse nas súas verbas. A lectura dos seus poemas, coa explicación previa das raíces da inspiración e mesmo as anécdotas humanas coas que os ía envolvendo, dáballes un aura de cotidianeidade ás palabras que se traducía nun achegamento persoal dos versos que eran, en verdade, "hospitalarios", tal e como el dicía pretender.

     Menos de corenta e oito horas despois atopo en Público.es  o artigo sobre Adolfo Suárez  firmado por el, e  cústame  recoñecer á persoa que estivo a falar e a ler en Coruña. Será que todos temos un dobre que nos completa para facernos máis humanos? Haberá outro eu propio ao que lle embarcamos aquilo que  non serve para ensinar? 

     Agora, cando penso na poesía de García Montero, dun xeito ou doutro rematan por virme á cabeza as palabras de Íñigo S Ugarte:   "Hay que ser muy hijoputa..."


Nota.- A maiores, e por se acaso fose necesario aclaralo, a miña razón apoia sen dubidar  o artigo de García Montero sobre a manipulación política realizada neste circo no que converteron (empezando pola familia) a morte de Adolfo Suárez. De haber algo que non se debe ensinar, deberían ser as declaracións de Ugarte. 








Quédanos ben pouco na esperanza
morreunos a ilusión de tan pequena
perdemos extraviados o sentido
e non nos preguntamos un por que.


Mudou a condición de ser persoa
adorada outra orde natural
imposta sen moral a norma nova
en vidas que ninguén quere levar.
















.





Sem comentários:

Enviar um comentário