Lembrei a Francisco hai uns quince días. Unha amiga recordoume, namentres tomabamos un viño pola zona vella de Vigo, momentos vividos no Barbanza que tiña agochados entre recordos non revisados. E uns traen outros, polo que rematei volvendo ver caras e voces que xa case estaban esquecidas, ao igual que algúns nomes que me parecían perdidos.
Ela falou de que neses tempos lle contara a historia dun neno que me
tiña frustrado porque sempre andaba a cantar polo baixo " tinero de Cuba, Cuba, Cuba... ". Non repetía moito máis, sempre o mesmo retrouso, por máis que eu
porfiase en que debía dicir cantinero, de cantina, porque tinero, de tina, non tiña significado. Pero, nada, non había maneira, cantinas por aquí non había, e tinas seguro que si; e, ao final, rematara por deixar que o neno, Francisco, cantase como a
el lle tiña sentido.
E todo viñera polas sesións de vocabulario nas que
podiamos pasar media hora entretida, soñando coas cousas máis dispares que nos chegaban desde Cuba. Simplemente porque empezabamos dicindo que "Da Habana
chegounos un barco cargado de ... " e acababamos falando de produtos e lugares do maís atraínte e do máis dispares.
Lóxico. Coa de mercadurías que nos traían os barcos tódolos días á nosa Ría de Arousa! E ben cargados que viñan !
Lóxico. Coa de mercadurías que nos traían os barcos tódolos días á nosa Ría de Arousa! E ben cargados que viñan !
A leda maxia da
escola,
co seu ollar
confiado,
ensinoume a ver a
vida
coma un fermoso
agasallo.
Quixen facerme
pequeno,
dábame medo medrar;
mesturado en xente
nova,
canto me gustaba
andar!
.
Sem comentários:
Enviar um comentário