sexta-feira, 6 de fevereiro de 2015

Pangolín



É feo. Mirando para el non resulta moi agradable. Á primeira ollada un non sabe se pararse na súa cara, nos seus ollos ou nas súas patas. Un pouco noxento é o que a min me parece. Despois da foto, e cando sabes, ademais doutras barbaridades,  que o seu quilo de carne custa máis de 1.300 euros, entendes que lle enchan a barriga de pedras para que pese máis. Se xa se acabaron en Vietnam, e andan a traelos de África con eses prezos… E se un pensa nos ricos  do mundo…
En realidade os cartos só serven para gastalos, ao que se ve. 

Que despois de todo nos guste máis este becho que todas as persoas que andan a traficar con el, debe caer dentro da lóxica. Mira que é raro o mamífero escamoso ese,  e canto peores somos os humanos! 


Nota.- As formigas non creo que pensen o mesmo ca min, pero esa será outra historia.

















Treboada rodeándonos
Dentro lume
Óese a chuvia no tellado
Braman fríos
E o café sábese quente
E hai palabras
E hai mundo que se fai por compartir

Fóra e lonxe
Nos espazos máis ignotos
Nutros mundos
Contan vidas tan extrañas
Irreais
Que non caben no interior
E non existen

Para nós




















.

Sem comentários:

Enviar um comentário