A
miña coella branca é un caso curioso.
Tívena
co macho unha semana longa, ben longa. E namoróuseme enteira, ata as
orellas. Eu non llo notei, porque esas cousas aínda non llelas vexo
ben, así que puxen o macho coa coella negra sen reparar en nada e
facendo unha excepción ás rutinas gandeiras, pois trato de levar as
coellas a onde está o macho, que é como din que hai que facer, e
non ao revés. Pero como a negra xa estaba nunha coelleira con
cerrado no galiñeiro, ben recollida, e xusto ao lado, optei por
pasalo a el.
A
coella branca, que quedou soa vendo á nova parella a través da tea
metálica, coma nun escaparate provocador, non sei como, mais calculo
que comida dos ciumes, non aguantou un día completo tal situación:
á tarde seguinte estaban os tres
xuntos en amor e compañía. A máis feliz, a branca, claro. A min
tanta felicidade deume pena e deixeinos seguir así catro ou cinco
días máis, coma se non os vise; pero, ao final, e polo seu ben,
separeinos de novo. Cada un a unha coelleira diferente. A peor, sen
espazo exterior, e moito máis pequena, para o coello, coas outras
dúas a vivir ao grande.
Nada
máis rematar xa me chamou a atención como a coella branca foi
buscar ao coello, achegándose á portiña del para ollalo a través
da pequena rede de ventilación. El, coma sempre, impávido,
facéndose o interesante, inmóbil coma se fose un coello disecado. E
así quedaron.
Tardei
dous días en volver velos; ou día e medio para ser exacto. Volvín
e todo estaba ben. A negra andaba a ocupar o seu espazo e o coello e
a branca xa estaban xuntos de novo.
Ocupaban
a coelleira del, e víase que non lle quedara outra á femia que roer
as táboas que os separaban por dentro ata deixar un oco que lle
permitiu volver con el. Antes procurou facelo desde o salido
exterior, sacando a herba coa que os estro ata encontrar o cemento e
tentar facer un oco imposible nel. O da madeira foi despois, imaxino,
traballando con cabeza (cos dentes, concretamente) para dar coa solución ao seu problema de
amor. E atopándoa, tal e como debe ser.
Si,
si. Seguen xuntos, e non teño claro se os volverei separar.
Procura de ardores coñecidos,
sangue vivo
cal torrente liberado.
O mundo volto instante
nos sentidos.
Amor disolto aire
respirándose na pel.
Non se ha perder o querido
se o corazón é memoria
para o gozo de vivir.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário