Os veciños de Magalofes deben estar aínda asustados. A publicidade acadada polas súas estradas non creo que os deixe moi fachendosos. Sempre creron que tiñan unha moi boa rede viaria, que estaban ben comunicados, que tiñan unhas vistas inmellorables sobre a ría e que gozaban das vantaxes do mundo desenvolvido e industrializado sen ter que padecer as incomodidades del derivadas. Ou sexa o sitio idílico onde a calquera lle apetecería vivir.
E esta semana rematou a bonanza. Un camión que viña de Puertollano non foi quen de percorrer os camiños por onde andaba perdido sen deixar parte da súa carga, e por riba carga tóxica.
Según alguén me contou, da desgraza (porque tiveron que desaloxar un par de casas), sacaron aprendido que hai un cambio de estado que se chama sublimación, e permite ir de gas a sólido ou de sólido a gas. E o fenol, o material transportado, ademais de poder estar en estado líquido, e sólido, tamén se evapora e pode irritar a gorxa se se respira.
Sublimación, seica andan repetindo por alí, porque xa crían de sempre que a súa parroquia era sublime, pero nun sentido que non estaba, para nada, relacionado coa sublimación.
Os tempos do consumo
a ignorancia
o breve do instante no pracer
a veleidade
a présa onde se perde ata o valor
escapan
unha volta
e outra volta
e outra máis…
espazo circular
tempo infinito
noras nas que nos imos mover
Adornarse
vestir doutra roupaxe
lugares
que ninguén ha visitar.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário