sexta-feira, 16 de setembro de 2016

Dezaseis






Por se é certo iso de que a creatividade é a intelixencia pasándoo ben: a seguir sendo creativo! 





Quizais valla unha flor
ben máis ca un beixo
Talvez alguén escolla
o  sol radiante
e esqueza
así cegado
a luz 
dalgún sorriso que naza nos teus ollos.

Talvez o reiseñor
en cada trino 
resuma cantos
que volven case muda a túa voz
se vai no vento.

Mais sei
por min
teño  certeza
que todo canto eu quero 
está presente en ti
irrepetible
aperta a aperta.









.

Sem comentários:

Enviar um comentário