Mire
por onde queira, sei que o tamaño non importa. Nunca. E xa desde o
comezo, desde o principio mesmo. Un óvulo vén sendo unhas cincuenta
mil veces máis grande ca un espermatozoide, mais xúntanse sen
problemas, sen reparo de ningunha clase e comezan a multiplicarse sen
parar. Fano tan ben, a pesar desa disparidade inicial, que as
células que desenvolven son capaces de especializarse. Son tan
intelixentes que saben que non serven para todo, que hai tarefas que
lles van mellor ca outras e a elas se adican en profundidade e sen
descanso. Seica as que acaban no corazón, que non son as maiores,
son un punto máis afortunadas ca o resto, ou simplemente máis
mañosas, pois non só se esforzan en impulsar o sangue por todo o
corpo, ademais son as que se entregan ás tarefas do querer, e de
tal maneira que, máis dunha vez, dan o corazón enteiro. E ata aquí
nada falamos de tamaño. Se o fixésemos, eu lembraría a persoas
pequenas, que deben ter un corazón proporcionado a ese tamaño
corporal, pero que son capaces de querer tanto, e tanto tempo, que
afirmo sen ningunha dúbida que o tamaño nada importa.
Amósame un sorriso
meu amor
e abre para nós ese
teu mundo.
Ensíname o camiño
da ledicia
coas luces que ti
creas na ilusión.
Se roza a miña pel
o teu sorriso,
e podo recoller o
teu amor,
devolverei feliz o
non preciso:
todo o que non é a
túa calor.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário