segunda-feira, 3 de setembro de 2012

Iremos







De volta do traballo un pode dar fe, xa, nun só día, de que as cousas son o que son non por casualidade. Pódennos dar tempo e razóns e nós habemos seguir a ser os mesmos. Sempre. Sabemos tan ben as razóns que nos guían no noso quefacer, temos tan aprendida a prioridade das ideas e a súa aplicación lóxica que, por máis que o mundo se mova e cambie de intereses e dirección, habemos poñer o piloto automático e a tirar para diante. É un ir por ir, un ir de rito, de costume e de rutina xenética que provocaría un caos mental, probablemente irreversible, de ser cambiado.
E se buscamos a razón última, acaso non somos nós mesmos o centro do universo?













Sabémonos sempre inestables
querendo buscar perfección,
tentando borrar o fracaso
no cambio que deixa o peor.


Por raros que outros nos vexan
e a eles así os vemos nós,
querendo non ser como somos
xa somos un pouco mellor.




De vernos con ollos alleos
estraños tamén somos nós...














.

Sem comentários:

Enviar um comentário