sábado, 11 de maio de 2013

Botto







Onte estivemos a ver Un trozo invisible de este mundo, de Juan Diego Botto. Aproveitamos que viña a Coruña e, xa hai tempo, collemos entradas coa esperanza de participar (como espectadores, claro), nun magnífico espectáculo teatral. Lera moitas e boas críticas da obra, así que o interese era grande.
Non podía  defraudar e non o fixo. A ninguén. Asistimos a unha representación traxicamente irónica que chega a todos pola súa sinceridade e falta de artificio. O resumo mellor é a imaxe do público que ateigaba o Rosalía posto en pé a aplaudir aos dous actores, Botto e Astrid Jones.
Penso que non importou que non houbese ningunha novidade, que todo fose sabido e que nin sequera estivesen riba do escenario todas as maldades deste mundo. As que había xa eran máis que suficientes, e a maneira en que nos levou dunha a outra, a introdución de cada un dos cinco cadros e o desenvolvemento deles, resultou maxistral. Ademais, os actores estaban en estado de graza, con rexistros totalmente cribles a pesar do camaleónico das personaxes que representaban. Magníficos un e outra!

O problema é que se un antes de onte tiraba ao ánimo baixo, agora, coa obra sen querer saír da cabeza...








Tela?
Tela ben?


Levanta, por favor, esa mirada
e deixa de magoarme o corazón.











.



Sem comentários:

Enviar um comentário