Un home está ingresado moi grave despois de ter recibido unha descarga eléctrica namentres falaba polo seu teléfono móbil durante unha treboada.
E eu acordeime dun amigo estimado que me tén falado de
cando navegaba, do mal que era estar lonxe dos seus, con menos cartos que gañas de volver; e das cabinas de teléfono, ás que ían
con moitas moedas e moita présa para poder falar un pouco coa casa, querendo ser dos primeiros, sen agardar a que outros falasen antes, porque sempre
acababa habendo alguén que non chegaba a chamar pois a cabina xa
non admitía máis diñeiro, do chea de moedas que andaba. E dos
cabreos que levaban a algúns a golpear co auricular o aparello en si, ao peor destrozándoo da rabia, sabedores de que atopar outra cabina ese día podía ser case
miragre.
Como nos cambiaron a vida os móbiles, e parece que sempre
estiveron aquí!
PD.- De que andaría a falar o do raio?: "La víctima aún no ha recobrado la consciencia después de la peor conversación de su vida".
Na rúa na que teño
a miña casa
Perdida polo medio
desta vila
Os bares abren
portas sen reparo
No xeito máis cotiá
de compartir
Os clientes collen
mesas interiores
E fuman nas terrazas
entre rúas
O ambiente fano as
xentes que as ocupan
Diferentes na
actitude e máis na voz
E dos bares un da
rúa da que escribo
Ten de clientes aos
salgados pola pel
E se cadra que
fumasen onda a porta
Dos seus ollos sae o
mar que eles non ven.
É dos bares
mariñeiros desta vila
Sen sabermos inda
ben hoxe por que
E na rúa, tan
adentro como está,
Só nos ollos
mariñeiros se ve mar.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário