terça-feira, 4 de junho de 2013

Felicidade(s)






    Hai días que, por máis ocupado que ande un, teñen un carácter especial. Son eses día que levan implícita unha carga de felicidade que se manifesta desde o instante en que abrimos os ollos. Non é conveniente ter moitos días así, por iso de poder individualizalos mellor, desexalos e aproveitalos coma lambóns. Sen pensar sequera canto nos falta para poder ter outro día similar.

    Por tódolos segundos dun día magnífico!












A leira que me deu a vida

A vida deume un horto neste mundo
E nel plantei de todo o coñecido
Sementes novas e apenas escollidas
Estradas nun boleo moi alegre
Coidadas sen pensar en máis futuro.

Gastada a provisión sen un reparo
Contando neses tempos con axuda
Tentamos colleitar trigo en inverno
E foi boa a colleita, e xenerosa
Así que repetimos nese intento.

Por vernos abrigados, houbo sebe
Medrando a modo e con bo xeito
De alturas superadas pola vista
Na busca de horizonte sen fronteiras.

Na porta que puxemos, os poxigos
Nunca alí pecharon para amigos.

Plantamos, e medraron, outras cousas
Tamén das que molestan e incomodan
En función do lugar ou do momento
En que nós acabamos por vivilas.

As flores cultivadas no xardín
Perfumaron e pintaron ben a leira
Malas herbas ocuparon poucos sitios
E duraron todas elas menos tempo
Sachándoas coa palabra e sen legón.

Prohibida non se viu ningunha árbore
No edén da nosa froita apetecible
Regalada cada ano sen temores
Porque si, por así prestar sabores
Naturais e sen adornos ostentosos
Galanos que tamén nos regalaron
Aprezos case sempre agradecidos.

Nunhas horas que o traballo vai a menos
Aínda estamos ocupados nos cadullos
Trafego compartido da labranza
Desta horta farturenta recibida.




















.

2 comentários:

  1. Parabens !. Polos froitos !. Pola rapaza que, naquel sábado, alumeou a primeira alfaia...
    ( cando , fascinados, soubemos da importancia dos padriños !)

    ResponderEliminar
  2. Como me gustan estes agasaios :-)!

    ResponderEliminar