sábado, 1 de junho de 2013

Plantas






        Neste agrícola mes de maio parei varias veces na tenda onde merco as sementes e as plantas, ou calquera cousa que non venden nunha tenda convencional. Alí hai de todo, e en toda cantidade. A última vez que parei, para mercar hipoclorito sódico, aproveitei para coller tomates cherry, porque me contaron que non era preciso sulfatalos e que daban moito froito. Embarcado como ando en non querer sulfatos nin  químicas (o do hipoclorito é unha excepción, que a todo tén que habelas), pedín que me vendesen media ducia de pés. O dependente que me atendeu, que non semella aló moi espabilado, pero que é moi traballador (por iso o quere o xefe) agradable no trato (polo que me gusta a min) e bastante servicial; el, o rapaz,  falábame dos seus asuntos mentres me despachaba. Eu non lle entendía nada do que andaba a dicir, e despois dun par de sorrisos acompañados de seeeeeeeeeeeeh, hummm e home!, nos que só me guiaba o acento, por disimular, para que non se notase moito o perdido que andaba,  pregunteille:

-Estes tomates non fai falta sulfatalos, non?
-Non. Se non vén a peste, non.
-Como?
-Se non vén a peste non, pero se vén, hai que sulfatalos coma todos.


         Abonde dicir que, calado, collín os meus tomates por non me atrever a deixalos, e vinme pensando en quen era o espabilado...










As plantas que nós coidamos
cambian en cada estación
acompañando no cambio
sentimentos e emocións.














.


Sem comentários:

Enviar um comentário