A
felicidade non é un estado permanente para que poidamos saber mellor
de que se trata. Para ver a diferencia. De vez en cando asoma e faise
notar. Non é que cambie nada, mais todo colle o seu sitio e
acomódase. Nada se precisa que non haxa e nada sobra para o momento.
A felicidade é perfección.
Brillaban en azul
as leves alas
movéndose ao
compás dunha mirada.
O aire transparente,
as follas verdes
gardaban sol dourado
nas olladas.
E todo namoraba
na tarde dese luns
daquel verán.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário