Un anda suspirando por aí sen saber siquera os ais que dá. A melancolía debe ser un aire vago que se pega a nós en ocasións e fai que notemos a falta de cousas que nunca tivemos. Ou a min parécemo, porque de cando en veces suspiro, según me din, e cando fago inventario non noto nada a faltar. E crer, creo que algo de melancólico traen estes días morriñentos que non se aclaran definitivamente, sen nos deixar chegar o verán agardado.
IV
Empezando polo pé
e rematando no pelo,
se bonito é o que se ve
felicidade é querelo!
V
Nos teus ollos recollido
vexo un mundo de colores,
mundo alegre e divertido,
en ollos prometedores.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário