As
preguntas responden en si ás inquedanzas que nos ocupan. Pararnos un
pouco a buscar respostas, por máis que non aparezan de primeiras,
soe ser un traballo reservado para aquelas persoas que viven cun
concepto especial do tempo, esas que o gastan usándoo en temas e persoas verdadeiramente importantes. Que no noso camiño se crucen
seres interesados en preguntar e en que lles pregunten, gozando do
pracer da comunicación, do gusto de compartir, acaba por dar un
sentido extra que se acumula no valor das cousas sinxelas, desas que
temos ao lado, pero que en ocasións, e froito desa mesma
proximadade, acabamos por velas lonxincuas e inalcanzables
Por ti, por tantos
mañás fermosos.
Hoxe é
mañá?
Cando é
mañá?, preguntaches ben curioso.
Sen oír,
adeus respostas.
Cando é
mañá? Retomaches a ilusión.
Que
preguntas!
Vaia
cousas...
Porfiaches:
Cando é
mañá?
Cando
durmas toda a noite
e
xa despertes.
Hoxe
é mañá?, ao día seguinte:
Hoxe
é hoxe.
(Ao
durmires, sorrías confiado de espertares no mañá.)
Hoxe é
mañá?
Mañá...
Un mundo
enteiro por vir.
Agora
é hoxe.
Hoxe é
mañá?
Seguiremos
agardando ese porvir.
.
.
Non sei moi ben que dicir: gústanme moitísimo estes regalos virtuais :-)
ResponderEliminarPois dis ben, e abondo. Bicos
ResponderEliminar