Contáronme
estes días que unha das técnicas para pescar chocos con nasa é
poñerlles dentro un pau de loureiro, pequeno pero oloroso, de xeito
que os chocos acoden a el para deixaren pegados os seu ovos.
Capturado así o cefalópodo, só resta collelo e deixar libre, no
mar, o garabullo empregado. Mágoa que algúns dos pescadores non o
fagan e poidan verse polos peiraos, ao pé das nasas, eses saquiños
que quedaron en efémera posibilidade de riqueza para a nosa ría.
Somos responsables de coidar a natureza, e nesas andamos.
Que
gozo o de bañarse nos teus versos fisterráns
que
amor o do aloumiño provocado nesas vagas
salgando enteira núa pel, a pel sen chagas,
libre
pel suave, dourada no sol de mil veráns ..!
.
Sem comentários:
Enviar um comentário