Un
xa non sabe se rir ou chorar. Vin o vídeo de Ana Botella e oín
incrédulo o que dicía. Non é posible. Non pode ser que unha persoa
da súa formación e cultura sexa a alcaldesa de Madrid. Escoitar os
seus razoamentos (?), a pesar de que non sexan a intervención
completa (por fortuna), non pode levar ás persoas minimamente
formadas máis que á perplexidade.
Vendo políticos deste tipo, e en Madrid abondan, entendemos por que unha
entrevista a Vargas Llosa pode ter a metade de telespectadores que a
que se lle fai a Cayetano Ribera. É o que somos, e non podemos
pretender aparentar outra cousa. O que en verdade me pregunto é se, con estes dirixentes, merecemos que nos rescaten. Case valería máis que
pagasen por botarnos.
Grecia,
Roma, Cristianismo, Europa ... (Todo é maiúsculo)
Acábaseme a paz,
vexo que marcha cal
aire diluído no baleiro;
quizais detrás de
si,
quizais un pouco,
un vento non moi
grande vaia vindo
e empurre con
coidado inexorable,
limpando nas
miserias do camiño.
Non quero
indiferenza,
nin a espero,
nin ir buscar atrás
noutro vieiro,
abonda con borrar
todo o desfeito.
Ilusións.
E soños.
E proveitos.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário