A escritura e, por lóxica, a lectura que levou aparellada marcaron unha liña clara nos tempos do home. Antes e agora.
A
min gústame a fotografía. Teño feito algunha e visto bastantes
máis. Como din, co valor que teñen as imaxes, en ocasións a lo menos,
poden chegar a sobrar as palabras.
Somos así, aínda que a algúns nos doa.
E os cataláns, que andan polo lonxe e saben de todo, teñen
os mesmos problemas ca nós.
Claro que, lendo todo o artigo, para eles os galegos nin nos preocupamos nin andamos optimistas: depende, é evidente.
De lonxe chamo en
negros sons
soñando o aire azul
por se o respiras.
Resóame o teu ser
en canto vexo
como aroma feito
eco no recordo,
regalo para min que
te sei vento.
E todo se repite.
Que obstinado,
se sen ti o
instante xa é outro tempo!
Canto dese, de
saberme equivocado,
por poder cambiar de
voz para a alegría,
á ledicia que se
acolle na esperanza
dos amores que gozan
en presente!
Como sinto verme así
nestes meus ollos,
alma sen espírito,
case afogo...
Tan seco na derrama
desta fe!
.
Sem comentários:
Enviar um comentário