domingo, 26 de agosto de 2012

Lúa




Morreu Armstrong e por todas partes apareceron as noticias do Apolo XI e da súa chegada á Lúa. A poucas lles lin algo máis que os titulares, pero si me demorei no recordo da retransmisión nocturna da alunizaxe e, sobre todo, dos comentarios do día seguinte. Fronte á ilusión dos máis novos, que entendíamos aquilo moito mellor que a heroicidade de Colón, oio aínda a pouca fe dos máis vellos. Incluso a dúbida por riba do  razoable.

Vexo a meu avó sentado á mesa da cociña, rosmando, para el e para todos, “Bueno, home, bueno... E non habería ningunha outra cousa que facer?









Poema laudatorio ou elexía
que sirva como escusa para un verso,
memoria colectiva dun instante
roubada para a fama noutros tempos.

Eu lémbrome de ti, sen que me acorde,
en cadro branco e negro dunha escea
e levo tamén son desas palabras
quizás, non sei, talvez non pronunciadas.

Mais non peno por ti, home con azas,
e síntome feliz do que ensinaches:
que mundo somos nós cando queremos!











.

2 comentários:

  1. :-)

    Sabendo o que sabemos agora, vendo a cantidade de cousas que poden ir mal en proxectos desta magnitude... o que fixeron estes astronautas hai máis de 40 anos aínda é máis meritorio.

    Eu tampouco peno por Neil Armstrong, ¡vaia envexa entrar na historia como fixo el!

    ResponderEliminar